Busca no blog

18/1/10

NON HAI NADA NOVO



Edwin Smith naceu en Bridgeport (Connecticut) alá polo ano 1822 nunha familia que se podería considerar "acomodada". Afortunadamente para el, desenvolveu unha paixón interesante polas antiguidades exipcias que o levou a viaxar ó país africano xusto antes de que se desatase a Guerra de Secesión (sempre hai xente con sorte).


Alí, no mítico Exipto adicouse, coma case tódolos "exiptólogos" da época á marchantería de pezas e, esporádicamente ó seu estudio. Ó pouco da súa chegada, fíxose cunha serie de fragmentos de papiro que son o "leitmotiv" desta entrada e que o farían famoso no mundo enteiro. Aínda que os seus coñecementos de Hierático (lembro para os enferruxados -xeroglífico-hierático e demótico son as tres formas de escrita do antigo exipcio-)non era moi alá e non sería ata 26 anos despois do pasamento do Sr. Smith cando se publicaría unha traducción medianamente decente do mencionado papiro.
Na actualidade o Papiro atópase na New York Academy of Medicine aínda que, como faría La Bella Otero nos seus millores momentos, non dubida en pegarse unhas tournes mundiais de vez en cando.

A importancia desta serie de garabellos enriba de follas secas radica en que, ata o momento é o texto médico máis antigo coñecido no que, para máis "solera", entre 48 patoloxías médicas cos seus respectivos tratamentos, se fai referencia a varios tipos de Cancro. É incrible, coma desde o século XVII antes de Cristo, en que está datado este manuscrito, ata as primeiras inervencións de Jean Loius Petit alá polo 1740, a investigación neste campo, cando menos para o xénero feminino, estivese circuscrita ó mundo da autopsia.


Agardemos, non ter que agardar outros tres milenios para ver o paso definitivo da Comunidade Científica Médica na erradicación deste mal.

13/1/10

ACHÁDEGO HIPOHURACANADO!!










No neolítico os hipopótamos eran os nosos amigos. Ou ó menos iso é o que se pode deducir da noticia aparecida no xornal nestes días sobre unha escavación no opulento barrio de Ramat Aviv na capital económica de Israel.


O certo é que algo lles debeu de ocurrir a estes mamíferos ó longo do tempo para deixar de ser o agarimoso precursor do can de palleiro e converterse nos monstros fluviais que tantos quebradeiros de cabeza provocaron nas cortes faraónicas (e o de "quebradeiro de cabeza faraónico" pódese entender en toda a literalidade da expresión").


Á espera de máis datos, quédome co único hipopótamo que me inspira a suficiente confianza como para consideralo mascota (cos meus máis sinceros respetos para o entrañable artiodáctilo xudeu): Hipo, de "Ausonia elásticos la-lá, muy absorbentes la-la-lá". Saúde.

12/1/10

PREGÚNTALLE A AGNES


Hola Querridos: Grasias al increible apoio popular, (increíble que alguién me ampoie, jur, jur) han vuelcho a darme la oportunidad de contesstar a vuestrass dudass más profiundas que os aflihhen en el día a día.

Aprovecho para recuperar algunas consulchass que habían quedado en el chintero antes de mis "holidays" forchosos:


Anuska de Teruel me preguntaba:

"Querida Agnes: me encanta tu sección. Tengo un problema que no sé si podrás ayudarme a resolver: me he inscrito en un curso para sumiller y no han aceptado mi dilatada experiencia en catas como mérito en la selección de alumnado, ¿Crees que tengo fundamentos de ley para poder denunciarlos? Gracias"

"Estimada Anuska: creo que hay sufucienches fundamentos para ingresarte a ti en un psiquiátrico. Así mismo, no te aconsejo que te presentes como auxiliar de clínica por tu experienchia en sondeos, ni a uno de de cirujana extética por muy bien que reavives los perfiles" Pero no desesperres darling: donde se cierra una puerta, generalmente se abre otra (en tu caso la del sanatorio mental). Kisses

2/1/10

SOCIEDADE MATRIARCAL




Hoxe vou falar de matriarcado. Din os antropólogos –os serios, que tamén os hai- que non podemos falar da existencia de ningunha sociedade matriarcal por moito que busquemos no mundo actual, dentro das mal chamadas “sociedades primitivas” ou no mundo pretérito nas sociedades que, aínda sendo primitivas, non denominamos dese xeito.
O máis semellante ás estruturas deste tipo que se pode recoller das fontes históricas, son as sociedades matriliñais, isto é, aquelas en que os bens e estatus se adquiren e herdan pola liña feminina da familia. Responde esta organización, parece ser, a un principio básico de conservación presente en calquera especie: o home/macho é prescindible, e polo tanto é preferible orientalo ás tarefas máis arriscadas (caza, defensa –xeralmente violenta- do territorio, etc.), namentres a muller/femia, como perpetuadora da especie, orienta a súa actividade a labores de menor risco para garantir a crianza das novas xeracións e a garda do fogar sendo, polo tanto, a que máis garantías ofrece para a preservación do patrimonio familiar –xenético e material-.
Aínda que este sistema poida resultar ós ollos actuais un pouco demodé, o certo é que semella ser parte da nosa herdanza mamífera máis primitiva e resultou enormemente eficaz na conservación dunha especie, tan precaria no conxunto do reino animal coma a nosa. O problema é que o eslavón máis feble da cadea –neste caso o home/macho- levou a cabo unha “volta de caravilla” sobre o planeamento orixinal incorporando un compoñente de prestixio e, polo tanto, de poder, a esa asunción de riscos imposta, ou dito doutro modo: “xa que vou ser eu quen a espiche, o que manda tamén son eu”. Isto pasou nos máis remotos dos tempos, cando os taparrabos non era unha opción estética senón unha obriga protectora e, desde aquelas a cousa tampouco cambiou tanto.
Deime conta disto onte, cando vía un documental no que o locutor empregaba o termo “sociedade matriarcal” para referirse ó sistema de organización interna dos macacos xaponeses da rexión de Koshima, e fíxome moita graza. Ó mellor algunha esperta mente feminista síntese enormemente ofendida por este comentario (ó que por outra banda cuestionaría bastante o de “esperta mente”) pero o certo e que, considerar que avoas, nais e fillas/os se dediquen a quitarse os piollos entre si nunhas pozas termais namentres o avezado macho primate catarrino vai recoller uns cantos ovos e cogumelos como unha sociedade comparable co mundo no que se insiren ós seus conxéneres primates xaponeses máis próximos (os humanos), resultoume cando menos divertido. Pola tarde pasei polas termas da Chavasqueira que estaban, coma case sempre, cheas e o paralelismo do narrador xa non me pareceu tan desatinado, “está sería unha sociedade matriarcal para calquera primatólogo” pensei, e botando por terra todo o que estudei sobre antropoloxía, marchei na procura de cogordos e ovos para a miña moza. Feliz 2010 a todas/os.