Busca no blog

22/3/10

PROFUNDITAS


Algunhas veces antubío coa posibilidade de poder escribir nunha desas seccións fixas das revistas de corte xeral (El País Semanal, XL Semanal ou a mesmísima Interviú), que habitualmente leo da man doutros (Teresa Viejo, Juan José Millas, Arturo Pérez Reverte, Carlos Herrera ou as, cada día máis escasas do agora ocupadisimo presidente da RAG, Xosé Lois Méndez Ferrín). Nesas seccións, a veces unha opinión, ás veces só un conto, atopo pequenos pero agradables momentos de evasión intelectual que reforzan os meus léxicos (porque, coma a maioría dos galegos non hipócritas, manexo dous) e estimulan a miña vea crítica: para con eles e para comigo mesmo e as miñas propias conviccións.
No entanto, é precisamente a súa natureza de andrómena a que fai atractiva a idea. Coma toda fantasía, perdería o seu encanto de converterse en feito.
Fai uns anos –máis dos que me gusta recoñecer- tiña ese mesmo tipo de quimeras sobre a posibilidade de chegar a ser algún día arqueólogo. Hoxe, aínda no camiño de selo –e presúmese unha senda larga-, confírmase a anterior reflexión.
A posibilidade, cando menos remota, de chegar a ser un verdadeiro virtuoso desta nosa profesión, antóllaseme tan dura como o pasmo que me produce ver con que facilidade outros con menos camiño andado alardean de ter chegado xa á meta.
Esa mestura de fascinación, admiración e mágoa que espertan en min, vese logo equilibrada pola parte racional do meu cerebro: “esa xente confundiu a fantasía de ser arqueólogo con selo de verdade: é coma se eu pensase que escribir esta entrada me equiparase á toda esa xente que leo con admiración (que non conivencia)”. E unha vez racionalizado o estupor, resúltame máis doado volver a andar, canso ós poucos, ilusionado sempre.

No hay comentarios: