Busca no blog

18/1/10

NON HAI NADA NOVO



Edwin Smith naceu en Bridgeport (Connecticut) alá polo ano 1822 nunha familia que se podería considerar "acomodada". Afortunadamente para el, desenvolveu unha paixón interesante polas antiguidades exipcias que o levou a viaxar ó país africano xusto antes de que se desatase a Guerra de Secesión (sempre hai xente con sorte).


Alí, no mítico Exipto adicouse, coma case tódolos "exiptólogos" da época á marchantería de pezas e, esporádicamente ó seu estudio. Ó pouco da súa chegada, fíxose cunha serie de fragmentos de papiro que son o "leitmotiv" desta entrada e que o farían famoso no mundo enteiro. Aínda que os seus coñecementos de Hierático (lembro para os enferruxados -xeroglífico-hierático e demótico son as tres formas de escrita do antigo exipcio-)non era moi alá e non sería ata 26 anos despois do pasamento do Sr. Smith cando se publicaría unha traducción medianamente decente do mencionado papiro.
Na actualidade o Papiro atópase na New York Academy of Medicine aínda que, como faría La Bella Otero nos seus millores momentos, non dubida en pegarse unhas tournes mundiais de vez en cando.

A importancia desta serie de garabellos enriba de follas secas radica en que, ata o momento é o texto médico máis antigo coñecido no que, para máis "solera", entre 48 patoloxías médicas cos seus respectivos tratamentos, se fai referencia a varios tipos de Cancro. É incrible, coma desde o século XVII antes de Cristo, en que está datado este manuscrito, ata as primeiras inervencións de Jean Loius Petit alá polo 1740, a investigación neste campo, cando menos para o xénero feminino, estivese circuscrita ó mundo da autopsia.


Agardemos, non ter que agardar outros tres milenios para ver o paso definitivo da Comunidade Científica Médica na erradicación deste mal.

No hay comentarios: